miércoles, 20 de diciembre de 2017

CHRISTMAS PROJECTS


Un ano máis propuxemos as familias facer árbores de Nadal ou bonecos de neve con materiais que se poidan reutilizar. Foi todo un éxito!! 
O profesorado de inglés queremos darvos as grazas a todas as familias que participáchedes e ás outras animarvos a facelo nas vacacións, xa que serán momentos compartidos inolvidables para os vosos fillos e fillas.






domingo, 1 de octubre de 2017

II ENGLISH T-SHIRT DAY






O pasado xoves 28 celebramos  “THE ENGLISH T-SHIRT DAY”, polo que ese día tivemos que traer unha camiseta con palabaras en inglés. Animamos ás familias a que ese día tamén o aproveitaran  para poñerse algunha. O obxectivo é, coma sempre,amosarlle ao noso alumnado como o inglés está por todas partes, máis cerca do que pensamos.

Aproveitamos ese día para aprender novas palabras grazas ás nosas camisetas. 

O ano que ven repetirémolo!!!



lunes, 13 de febrero de 2017

domingo, 29 de enero de 2017

SCHOOL DAY OF NON-VIOLENCE AND PEACE : January, 30th

Para conmemorar a morte de Gandhi , dende 1964, celébrase  o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respeto aos Dereitos Humáns, a non violencia e a paz.


This is the song we´re going to sing to celebrate Peace Day.



You can practise at home.